Non somos unha axencia de viaxes
Pero os nosos espectáculos de circo farante voar a universos que nin imaxinas.
Próximas paradas
Atoparasnos por terra, mar, aire e corazón. ¿A nosa ruta pasará preto da túa casa?
-
- Ven
- 28
- Xuñ
O último que apague a luz
- Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
- Cruceiro de Hío
- Hío (Cangas del Morrazo )
-
- Mér
- 03
- Xul
O último que apague a luz
- Mostra Internacional de Teatro Cómico e festivo de Cangas
- Cangas del Morrazo
-
- Xov
- 18
- Xul
O último que apague a luz
- O Pino ( A Coruña )
Circo para o caso do noso tempo
Espectáculos
Para disfrutar dos nosos espectáculos é importante e esencial non deixarse arrastrar pola corrente.
Desde o humor solicitamos permiso para demoler a monotonía
En 2018 nace l compañía A Vela coa intención de romper có tradicional para darlle valor á Viaxe do Circo.
Santiago Montero e Ana Cuervas, cruzámonos nun laboratorio circense, no que comezamos a sentir esa sensación de disfrute, sacando a técnica desde a emoción e deixándonos levar polos nosos verdadeiros impulsos. Tomando o tiempo necesario para a investigación, descubríndonos como parella, axustamos as velas do noso barco e comezamos a navegar sen rumbo con vento a favor.
Sentíndonos e transformando a técnica como a nosa ferramenta de expresión, integrándoa nos actos máis cotiás da nosa vida. Reproducindo metáforas, manifestando o circo coma linguaxe poética e revolucionaria.
Esta embarcación coñecida có nome de A Vela é creada para averiguar as novas mareas do circo contemporáneo e intentar combatir, desde o humor e o absurdo, o aburrimento do día a día. O noso barco é o espazo escénico e por vela, o circo.