Non somos unha axencia de viaxes

Pero os nosos espectáculos de circo farante voar a universos que nin imaxinas.

Circo para o caso do noso tempo

Teaser de O último que apague a luz

Espectáculos

Para disfrutar dos nosos espectáculos é importante e esencial non deixarse arrastrar pola corrente.

Desde o humor solicitamos permiso para demoler a monotonía

En 2018 nace l compañía A Vela coa intención de romper có tradicional para darlle valor á Viaxe do Circo.

Santiago Montero e Ana Cuervas, cruzámonos nun laboratorio circense, no que comezamos a sentir esa sensación de disfrute, sacando a técnica desde a emoción e deixándonos levar polos nosos verdadeiros impulsos. Tomando o tiempo necesario para a investigación, descubríndonos como parella, axustamos as velas do noso barco e comezamos a navegar sen rumbo con vento a favor.

Sentíndonos e transformando a técnica como a nosa ferramenta de expresión, integrándoa nos actos máis cotiás da nosa vida. Reproducindo metáforas, manifestando o circo coma linguaxe poética e revolucionaria.

Esta embarcación coñecida có nome de A Vela é creada para averiguar as novas mareas do circo contemporáneo e intentar combatir, desde o humor e o absurdo, o aburrimento do día a día. O noso barco é o espazo escénico e por vela, o circo.