Ana Cuervas
Proveniente dunha terra que segue loitando por respirar uns Buenos Aires, decidiu partir na procura de novos horizontes. Saltando o charco con 24 anos e con moitas ganas de viaxar chegou a Bilbao, descubrendo que todo o aprendido nas escolas de Circo da súa cidade natal lle abriría unha gran porta ó que soñara algunha vez: ser artista de circo (e vivir diso).
Grazas ás ensinanzas dos seus mellores mestres en Buenos Aires como Marcelo Gómez, Laura Sabán, Juana Beltrán, Alan Lerch… descubriu a súa disciplina, a súa filosofía de vida: as verticais, equilibrios sobre manos, en alturas. Tamén aprendeu xunto a Mariano Pujal e Martin Carela o mundo das acrobacias portés. No clown bautizouse con Lila Monti e traballou moitos anos recibindo formación con Walter Velázquez.
A súa formación seguiu medrando no circo contemporáneo grazas a proxectos transfronteirizos entre Euskadi, Catalunya e Francia. Recibindo formación durante tres anos de artistas coma Rob Tanyen, Pascal Angelier, Enric Petit, Marcal Calvet, Ignacio Herrero, Pau Portabella e Marta Torrens. Independentemente seguía navegando a viaxe do clown e o teatro físico recibindo monográficos con Jesús Jara, José Pirs e á súa vez descubrendo a danza da man de Begoña Crego, Victoria Mujica e Amaia Pascual.
Traballando máis de 15 anos na docencia impartindo clases de circo integral na asociación de circo Koblakari e Zirkozaurre en Bilbao, Circonove en Galicia; así como monográficos de verticais ata o día de hoxe.
Nos últimos anos creou Rojo Telón dándolle a importancia ás mulleres de hoxe no circo, enraizada entre Euskadi e Galicia.
Actualmente forma a compañía A Vela, un proxecto de circo revolucionario disfrutando do absurdo e o caos do noso tempo.