A Vela Circo

Nos tempos da Vela, dous seres estraños levaron áncoras sen retorno para evitar que a memoria afundise no océano. Ana, procedente de terras bonaerenses e Santiago oriundo (autóctono, orixinario, natural) da cidade olívica non tiveron mellor idea que mergullarse nesta nova aventura que lles levará a lugares inesperados.

Unha nova compañía de circo con identidade, ás veces poética coma un solpor na inmensidade do mar, e outras veces moi absurda, case para poder viaxar desde o humor á nosa realidade. Sen importar as consecuencias, flotando no caos e sobrevivindo gracias á tolemia dos nosos tempos.

A primeira barca que chegou a un bó porto, despois de remar á deriva sen perder as esperanzas, pero con bastantes turbulencias debido a un mar ferido polo 2020 , foi A Corda, o primeiro espectáculo da compañía.

Comprendendo que a loucura, cúrao, comezamos a ver a luz do seguinte show da compañía, O Último que apague a luz, o máis sentidiño, que aínda se está a xestar en mar aberto con ganas de arribar para xullo do 2023.

A Vela Circo
Ana Cuervas

Ana Cuervas

Proveniente dunha terra que segue loitando por respirar uns Buenos Aires, decidiu partir na procura de novos horizontes. Saltando o charco con 24 anos e con moitas ganas de viaxar chegou a Bilbao, descubrendo que todo o aprendido nas escolas de Circo da súa cidade natal lle abriría unha gran porta ó que soñara algunha vez: ser artista de circo (e vivir diso).

Grazas ás ensinanzas dos seus mellores mestres en Buenos Aires como Marcelo Gómez, Laura Sabán, Juana Beltrán, Alan Lerch… descubriu a súa disciplina, a súa filosofía de vida: as verticais, equilibrios sobre manos, en alturas. Tamén aprendeu xunto a Mariano Pujal e Martin Carela o mundo das acrobacias portés. No clown bautizouse con Lila Monti e traballou moitos anos recibindo formación con Walter Velázquez.

A súa formación seguiu medrando no circo contemporáneo grazas a proxectos transfronteirizos entre Euskadi, Catalunya e Francia. Recibindo formación durante tres anos de artistas coma Rob Tanyen, Pascal Angelier, Enric Petit, Marcal Calvet, Ignacio Herrero, Pau Portabella e Marta Torrens. Independentemente seguía navegando a viaxe do clown e o teatro físico recibindo monográficos con Jesús Jara, José Pirs e á súa vez descubrendo a danza da man de Begoña Crego, Victoria Mujica e Amaia Pascual.

Traballando máis de 15 anos na docencia impartindo clases de circo integral na asociación de circo Koblakari e Zirkozaurre en Bilbao, Circonove en Galicia; así como monográficos de verticais ata o día de hoxe.

Nos últimos anos creou Rojo Telón dándolle a importancia ás mulleres de hoxe no circo, enraizada entre Euskadi e Galicia.

Actualmente forma a compañía A Vela, un proxecto de circo revolucionario disfrutando do absurdo e o caos do noso tempo.

Santiago Montero

Santiago Montero

Tomando como punto de partida o porto de Vigo e a asociación de artistas de circo Malandraxe, Santiago Montero decide percorrer mundo para ampliar a súa formación como artista.

A súa primeira parada lévalle a atoparse en Porto con Ville Walo, un artista circense que lle cambia a percepción do que pode ser lanzar un obxecto ó aire. Sen sabelo xermola nel un espírito de investigación no malabar.

A seguinte parada lévalle a coñecer a Stefan Sing en Atenas. Nun breve lapso de tempo transforma o seu espírito e convírtese nun buscador do xogo e a diversión en escena a través dos malabares.

Isto lévalle a regresar a Galicia, pero esta vez decide ir a Santiago de Compostela a participar del proxecto de escola de circo Circonove, e é nese momento onde se atopa coa danza contemporánea. Nesta etapa recibe formación de numerosos bailarines que pasan por Circonove, pero aquí só mencionaremos a unha: Nuria Sotelo, quen lle ensina bases de danza contemporánea e queda totalmente alucinado ao ver a cantidade de posibilidades que se abren ao poder fusionar a danza có malabar, e así adquire un enfoque innovador no traballo do movimento e a manipulación de obxectos.

Esta nova etapa lévalle a enfrascarse durante anos e a tomar distancia do aprendido para crear un forte estilo propio. Este desapego lévalle á corda frouxa, comezando así a xogar cós equilibrios. Os monociclos e a escaleira de equilibrio son os seus novos acompañantes de viaxe que lle levan a Marsella, onde reafirma o seu amor polo desequilibrio e mergúllase na acrobacia excéntrica.

Entre tropezóns, golpes y caídas chega á escola de circo Oreka para coñever a Ramón, o seu mentor en slapstik . Tras algún que outro golpe acaba en Bilbao nun laboratorio de investigación circense, onde coñece a Pau Portabella, que é a persoa que lle axuda a tomar perspectiva e reforzar esa visión o xogo e a investigación.

Creador da compañía Circo escarranchado e Cair circo, un referente do circo en Galicia, manten unha prolífica actividade circense coa compañía PistaCatro, coa súa Orquesta de malabares e Drop.

E por fin regresa a porto coa innovadora A Vela Circo e o seu novo espectáculo O último que apague a luz.